Aviso legal e privacidade

Aviso legal

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), facilítanse os datos identificativos do titular deste sitio web.

  • Titular: Juan José Rodríguez Alonso
  • NIF: 33550339D
  • Domicilio: Vilar 14, Ponte de Outeiro, 27256 Castro de Rei, Lugo, España
  • Correo electrónico: contacto@juanjoalonso.es
  • Sitio web: juanjoalonso.es
  • Actividade: servizos de márketing dixital, produción audiovisual, desenvolvemento web, servizos informáticos e formación

Condicións de uso

A navegación por este sitio atribúe a condición de usuario e implica a aceptación destas condicións. O usuario comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e a non empregalos para actividades ilícitas nin para causar danos nos sistemas do titular ou de terceiros. O titular pode modificar en calquera momento a presentación, a configuración e os contidos do sitio.

Propiedade intelectual

Os textos, fotografías, vídeos, gráficos, deseño e código deste sitio son titularidade do titular ou de terceiros que autorizaron o seu uso. Queda prohibida a súa reprodución, distribución ou transformación sen autorización expresa e por escrito.

Responsabilidade e ligazóns

O titular non se fai responsable dos danos derivados do uso do sitio nin da súa falta de dispoñibilidade temporal por causas técnicas. Este sitio enlaza con webs e perfís de terceiros, como lucusdigitalmedia.com ou Instagram, sobre cuxos contidos e políticas o titular non ten control.

Lexislación aplicable

Estas condicións réxense pola lexislación española.

Política de privacidade

Responsable do tratamento

Juan José Rodríguez Alonso, NIF 33550339D, Vilar 14, Ponte de Outeiro, 27256 Castro de Rei, Lugo, España. Contacto: contacto@juanjoalonso.es.

Que datos se tratan e para que

Só se tratan datos persoais cando escribes a través do formulario de contacto ou por correo electrónico: o teu nome, o teu enderezo de correo e o contido da túa mensaxe, coa finalidade de atender a túa consulta e, se é o caso, xestionar a relación profesional que se derive.

Base xurídica

O teu consentimento ao enviar a mensaxe (art. 6.1.a RXPD) e, se a consulta dá lugar a unha contratación, a execución dun contrato ou medidas precontractuais (art. 6.1.b RXPD).

Conservación

Os datos consérvanse mentres dure a relación e, despois, durante os prazos legalmente esixibles. As consultas que non dean lugar a unha relación profesional elimínanse unha vez atendidas. Os teus datos non se usan para enviarche publicidade.

Destinatarios

Non se ceden datos a terceiros salvo obrigación legal. O provedor de aloxamento web actúa como encargado do tratamento coas garantías que esixe a normativa.

Os teus dereitos

Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo a contacto@juanjoalonso.es e indicando o dereito que queres exercer. Se consideras que o tratamento non se axusta á normativa, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

Cookies

Este sitio non utiliza cookies de analítica nin de publicidade. As tipografías aloxanse neste mesmo servidor, polo que non se envían datos dos visitantes a terceiros para cargalas. Se no futuro se incorporan ferramentas de analítica ou contidos de terceiros que instalen cookies, engadirase un sistema de consentimento e actualizarase esta política.

Visited 3 times, 1 visit(s) today