Experiencia
Actualidade
Formador
Deseño e impartición de masterclass e obradoiros prácticos, adaptando os contidos a públicos de todos os niveis, desde profesionais ata alumnado de iniciación. Docente certificado en Formación Profesional para o Emprego.
2018 - Actualidade
Lucus Digital Media
Fundador e CTO
Axencia de contido e comunicación dixital con sede en Lugo. Dirixo a parte técnica e a estratexia: produción audiovisual, guión, edición de podcast, desenvolvemento web, SEO, publicidade dixital e analítica. É a miña ocupación principal desde 2024. Proxectos e clientes en lucusdigitalmedia.com.
Xaneiro 2018 - Xuño 2024
Grupo MásMóvil
Responsable de Despregamentos e Mantemento de Rede
Coordinei o despregamento de rede en Lugo e A Coruña, cubrindo o 80% das grandes poboacións. Supervisaba contratas, xestionaba materiais e configuraba equipos de rede. Compaxineino coa posta en marcha de Lucus Digital Media.
2013 - 2018
Sicloud Informática y Telecomunicaciones S.L.
Cofundador e Responsable Técnico
En 2013 cofundei Sicloud, que comezou con tenda informática e servizo técnico e como provedor de internet sen fíos (WISP). En 2014 lanzamos a nosa propia operadora móbil virtual (OMV) e en 2016 pechamos a tenda para centrarnos na operadora. Encarregueime do deseño, despregamento e mantemento de redes e infraestrutura de servidores. En 2018 un gran operador adquiriu o proxecto.
Xullo 2012 - Setembro 2013
Digamel S.A.
Encargado de Produción
Control de calidade e fabricación de equipos de fibra óptica.
Formación
2026
Certificado de Profesionalidade SSCE0110 – Docencia da Formación Profesional para o Emprego
Academia Newton Villalba
Habilitación oficial para impartir formación para o emprego e certificados de profesionalidade.
2011 - 2012
Redes e Servidores
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Microsoft MCITP Windows Server 2012 (xestión de dominios e seguridade en sistemas) e CCNA Wi-Fi de Cisco (administración e configuración de redes sen fíos).
2008 - 2010
Ciclo Superior en Informática e Telecomunicacións
IES Politécnico
Especialización en redes e sistemas de telecomunicación.
Áreas de traballo
Produción audiovisual e contido
Guión, rodaxe e edición de vídeo e podcast para marcas, e contido propio sobre motor e tecnoloxía en Instagram e YouTube.
Desenvolvemento web
Webs á medida en WordPress e HTML/CSS/JavaScript con animación (GSAP).
Informática e redes
Instalación, mantemento e soporte técnico para empresas e autónomos, con máis de 12 anos de experiencia en telecomunicacións.
Formación
Docente certificado en FPE. Imparto masterclass, obradoiros e cursos de informática, competencias dixitais, creación de contido e comunicación.