Desde pequeno, a informática foi a miña paixón. Formeime nun Ciclo Superior en Informática e Telecomunicacións e en 2013 cofundei Sicloud: comezamos con tenda e servizo técnico, montamos un provedor de internet sen fíos e lanzamos a nosa propia operadora móbil, que acabou adquirindo un gran operador. Despois levei o despregamento de rede de MásMóvil en Lugo e A Coruña mentres poñía en marcha Lucus Digital Media, a axencia de contido e comunicación dixital que hoxe dirixo como fundador e CTO. Ademais, son docente certificado en formación para o emprego.
Servizos
Produción audiovisual e contido
Guión, rodaxe e edición de vídeo e podcast para que a túa marca conte o que fai con contido que conecta, a través de Lucus Digital Media.
Desenvolvemento web
Webs á medida en WordPress ou código propio: rápidas, coidadas e pensadas para que as túas visitas acaben sendo clientes.
Informática e redes
Instalación, mantemento e soporte técnico de equipos e redes para empresas e autónomos, en remoto ou presencial, con máis de 12 anos de experiencia en telecomunicacións.
Formación
Masterclass, obradoiros e cursos de informática, competencias dixitais e comunicación, adaptados ao nivel de cada grupo. Docente certificado en FPE.
Proceso de traballo
Primeiro contacto
Necesidades claras
Deseño do plan
Desenvolvemento do plan
Aplicación
Posta en marcha
Visited 1 times, 1 visit(s) today